Guitiriz acolle un taller sobre benestar emocional para xestionar o estrés e a carga mental

O Concello de Guitiriz organizará este mércores, 23 de setembro, o taller «A arte do benestar emocional», unha actividade centrada na xestión do estrés e da carga mental. A sesión terá lugar a partir das 16.30 horas na Escola Habanera.
A iniciativa está orientada a ofrecer ferramentas para favorecer o benestar emocional e abordar situacións relacionadas co estrés e coa sobrecarga mental no día a día.
A actividade, impulsada polo Concello de Guitiriz en colaboración coa Axencia Galega de Coñecemento en Saúde e AFALU, forma parte do programa de actividades conmemorativas polo Día Mundial do Alzhéimer, que se celebra o 21 de setembro.
As persoas interesadas en participar deberán realizar inscrición previa a través dos Servizos Sociais do Concello de Guitiriz, no teléfono 982 370 109.