Guitiriz acollerá en xuño obradoiros sobre o uso de medicamentos e tratamento de úlceras

TerraChaXa
A Casa Habanera de Guitiriz acollerá en xuño obradoiros sobre o uso de medicamentos e tratamento de úlceras
escola galega de saude guitiriz xuno portada
escola galega de saude guitiriz xuno portada
25 Maio 2023

O Concello de Guitiriz acollerá, no próximo mes de xuño, dous obradoiros de Uso axeitado de medicamentos e Hixiene, prevención e eliminación de úlceras, que forman parte da Escola Galega de Saúde Para Cidadáns.
Levaranse a cabo na Casa Habanera, sempre ás 17 horas.

O primeiro será o de Uso axeitado de medicamentos (martes 13 de xuño), orientado a saber como actúan os medicamentos, as súas contraindicacións, a automedicación, os antibióticos... e o de Hixiene, prevención e eliminación de úlceras (martes 27 de xuño), no que se falará do coidado da pel e dos pés, as úlceras por presión, mobilización do/a dependente, tipos de incontinencia, fortalecemento do solo pélvico, etc.

As inscricións deben formalizarse neste enlace  antes da data do curso. As persoas interesadas en participar poden solicitar axuda para inscribirse no departamento de Servizos Sociais do Concello.

escola galega de saude guitiriz xuno
0.17617702484131