Guitiriz arranca co seu programa de compostaxe comunitaria

TerraChaXa
Guitiriz dá comezo ao seu programa de compostaxe comunitario. A veciñanza dispón de tres puntos, dous en Guitiriz e un en Parga,
plan de compostaxe comunitario guitiriz portada
plan de compostaxe comunitario guitiriz portada
15 Xuño 2023

A veciñanza dispón de tres puntos, dous en Guitiriz e un en Parga, onde levar os residuos orgánicos ou biorresiduos xerados nas súas vivendas e negocios.

O Concello de Guitiriz dá comezo ao seu programa de compostaxe comunitaria coa instalación de tres puntos onde a veciñanza pode levar os residuos orgánicos ou biorresiduos xerados nas súas vivendas e negocios.

As illas de compostaxe para a realización desta iniciativa comunitaria estarán no casco urbano de Guitiriz, unha na rúa Tralouteiro e outra fronte ao cuartel da Garda Civil, e en Parga, na avenida da Paz.

As persoas interesadas en participar neste proxecto recibirán, de forma gratuíta, un recipiente de 10 litros para o depósito dos biorresiduos, conxuntamente con un manual de compostaxe doméstica, poñéndose en contacto co servizo de Medio Ambiente no teléfono 982 370109.

plan de compostaxe comunitario guitiriz
0.1847939491272