Guitiriz busca voluntariado para impulsar a integración lingüística e cultural de persoas estranxeiras

O Concello de Guitiriz vén de lanzar unha convocatoria para captar persoas voluntarias interesadas en participar no Proxecto de Integración lingüística e cultural dirixido á poboación estranxeira do municipio. Esta iniciativa ten como obxectivo facilitar o coñecemento do idioma e da cultura de acollida, favorecendo así a inclusión social e a convivencia.
O programa desenvólvese a través de sesións semanais que teñen lugar todos os mércores entre as 12:00 e as 13:00 horas na Escola Habanera, onde as persoas participantes comparten espazos de aprendizaxe e intercambio cultural.
Dende o Concello animan á veciñanza a implicarse nesta proposta solidaria, destacando a importancia do voluntariado como ferramenta clave para construír unha comunidade máis cohesionada e inclusiva. As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición na Casa do Concello.
Para obter máis información, está dispoñible o teléfono do departamento municipal de Servizos Sociais, no número 982 370 109 (Ext. 1), onde se atenderán todas as consultas relacionadas con esta iniciativa.