Guitiriz cambiará de ubicación e ampliará o seu Centro de Día

TerraChaXa
O Concello de Guitiriz está a preparar a antiga casilla de peóns camineros para acoller o centro de día municipal.
23 Feb 2018

O Concello de Guitiriz está a preparar a antiga casilla de peóns camineros para acoller o centro de día municipal. Nesta instalación, cedida polo Ministerio de Fomento e que data dos anos 30, estanse a facer traballos restauración e adecuación por importe de 84.000 euros, dos que o 80% corresponden a unha subvención de Agader con fondos do Plan Leader, xestionada a través do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR).

A alcaldesa confirmou que esperan ter rematados os traballos no verán e poder facer o traslado para esas datas.

Deste xeito, o Concello aforrará os 600 euros mensuais que lle costa o aluguer das instalacións do actual centro de día.

O proxecto supón a adecuación da pranta baixa como unha sala polivalente de arredor de 50 metros cadrados, que tamén servirá de comedor. Tamén contará cunha sala de curas e a de rehabilitación, unha cociña e aseos adaptados. NO primeiro andar ubicaranse os vestiarios e dirección.

Co cambio de ubicación o centro poderá aumentar as 12 prazas actuais ata chegar a 18.

0.15025210380554