Guitiriz celebra o Día de Rosalía con actividades on line

TerraChaXa
A BPM Casa Habanera de Guitiriz programou unha serie de actividades para conmemorar o Día de Rosalía, que se celebra o 24 de febreiro.
paraugas da fala guitiriz
paraugas da fala guitiriz
24 Feb 2021

A BPM Casa Habanera de Guitiriz programou unha serie de actividades para conmemorar o Día de Rosalía, que se celebra o 24 de febreiro.

As actividades comezan hoxe, mércores 24 de febreiro, co Paraugas da Fala que este ano, dado a situación que se está a vivir por mor da pandemia, realizarase de maneira virtual, dando a coñecer a figura de Rosalía de Castro a través de xogos, adiviñanzas, xeroglíficos, sopas de letras, música, crucigramas...

Por outra banda, tamén está en marcha unha nova quenda das accións programadas, denominada Aquí e acolá.

Mediante esta iniciativa os veciños e veciñas dos concellos de Guitiriz e Ponteareas, a través da Asociación de Maiores de Ponteareas, están a intercambiarse correos postais nos que describen cadanseu pobo, a súa historia, tradicións, alcumes... O obxectivo é incentivar a escritura en galego a través da costume de enviar correos postais, que se está a perder na actualidade.

0.16545581817627