Guitiriz celebrará o 25N cun documental, unha andaina e una concentración

TerraChaXa
A andaina ‘Con todas’ está programada para o 25 de novembro desde a praza do Campo da Feira
actos-25-n-guitiriz
18 Nov 2024

O Concello de Guitiriz conmemorará o 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, cunha programación especial de varias actividades.

Por un lado, o mércores 23 de novembro proxectarase o documental En deuda con todas na Escola Habanera a partir das 18:00 horas. Trátase dunha peza sobre a loita pola despenalización do aborto no Salvador e o dereito a decidir sobre os nosos corpos. Despois da proxección haberá un espazo de reflexión.

É unha actividade para dar a coñecer as distintas realidades e contextos sobre os dereitos sexuais e reprodutivos, particularmente de persoas integrantes dalgún colectivo, organización ou movemento de mulleres, feminista e LGBTIQ+.

A segunda actividade será a andaina Con todas, programada para o luns 25 de novembro a partir das 17:00 horas. A andaina terá unha duración aproximada dunha hora. A saída farase desde a praza do Campo da Feira, pasando polo río Forxá, Ponte Veiga e o paseo de Boedo, e chegando novamente á praza do Campo da Feira, onde ao rematar farase unha concentración.

0.16612601280212