Guitiriz celebrará o Outono Fest o sábado 24 de outubro con foliada, música e chocolate con churros

TerraChaXa
A celebración incluirá tamén chocolate con churros e o sorteo dun bono para o balneario, que se realizará co tícket da comida
outono-fest-san-xoan-guitirz
23 Oct 2026

A Comisión San Xoán Guitiriz 2027 organiza o Outono Fest, unha festa que terá lugar o sábado 24 de outubro e que combinará música tradicional, baile e sesión de DJ.

A programación comezará ás 18:30 horas cunha foliada miúda, dirixida aos máis novos, aos que a organización convida a tocar, bailar e compartir unha merenda.

Ás 20:00 horas será a quenda da actuación de Erguedeiro Gaiteiros, que continuará coa música tradicional e a foliada. A partir das 22:00 horas, a festa seguirá coa sesión do DJ Señor Magick.

A celebración incluirá tamén chocolate con churros e o sorteo dun bono para o balneario, que se realizará co tícket da comida. A organización anima a veciñanza a participar nesta proposta festiva, que busca reunir persoas de todas as idades arredor da música e da tradición.

0.1370210647583