Guitiriz en Ruta celebra este domingo a penúltima saída polo río Mendo

TerraChaXa
As inscricións pódense formalizar de forma presencial no Concello ou chamando por teléfono ao 982 37 01 09 antes do xoves
guitiriz-en-ruta-da-pedra-diaz-castro
20 Nov 2024

Este domingo, 24 de novembro, volve o programa Guitiriz en Ruta, coa que será a penúltima andaina desta sexta edición na que colabora o Concello de Guitiriz.

Nesta ocasión, farase a Ruta do Río Mendo, que conta cun percorrido de 14 quilómetros seguindo o curso do río Mendo, desde a Ponte das Moas en Oza dos Ríos ata a súa desembocadura en Betanzos.
A andaina, que é de dificultade media, destaca por ter tramos nos que o chan pode ser máis esvaradío por estar o terreo mollado, máis aínda na zona próxima á beira do río.

Trátase dunha andaina lineal que ten unha duración aproximada de algo máis de catro horas. A saída está programada desde a praza do Campo da Feira de Guitiriz ás 9:00 horas, con regreso estimado en torno ás 14:30-15:00 horas, dependendo do desenvolvemento do percorrido.

As inscricións, ao ser unha ruta fóra do Concello, terán un prezo de 5 euros para persoas empadroadas en Guitiriz e de 10 euros para non empadroadas. Pódense formalizar de forma presencial no Concello ou chamando por teléfono ao 982 37 01 09. O prazo para anotarse estará aberto ata o xoves 21 de novembro ás 15:00 horas.

Esta será a penúltima saída desta sexta edición do programa Guitiriz en Ruta, que ten programada a Ruta do Río Requeixo para o domingo 22 de decembro.

guitiriz-en-ruta-cartel
0.15631890296936