Guitiriz en Ruta celebra este domingo unha nova saída polo río Requeixo

TerraChaXa
As inscricións estarán abertas ata o venres, 24 de abril, ás 14:00 horas
A-Ruta-dos-Muinos-do-Rio-das-Gandaras-guitiriz-en-Ruta
21 Apr 2026

Este domingo, 26 de abril, celebrarase a terceira saída da oitava edición do programa Guitiriz en Ruta, a proposta de sendeirismo posta en marcha polas Escolas Deportivas Municipais en colaboración co Concello de Guitiriz. Nesta ocasión, realizarase a Ruta do Río Requeixo.

A saída está programada a partir das 10:00 desde a Ponte de Roca, en Roca. Chegarase a O Merendeiro, na parroquia dos Vilares, en torno ás 14:00 horas. A andaina contará cun percorrido de aproximadamente 12 quilómetros de dificultade baixa.

As inscricións estarán abertas ata o venres, 24 de abril, ás 14:00 horas. Poderanse realizar na Casa do Concello, de xeito presencial, ou a través do teléfono 982 37 01 09. A andaina é gratuíta e aberta ao público en xeral, pero os menores de idade terán que ir acompañados dunha persoa adulta.

0.11739611625671