'Guitiriz en Ruta' volve este domingo cun paseo polo Bosque da Fervenza

TerraChaXa
As inscricións estarán abertas ata as 14.00 horas deste venres cun prezo de 5 euros para as persoas empadroadas e de 10 euros para as non empadroadas
guitiriz-en-ruta-a-pontenova
20 Oct 2026

O programa Guitiriz en Ruta regresa este domingo, 25 de outubro, cunha nova proposta para desfrutar da natureza e da actividade física ao aire libre. A iniciativa, posta en marcha polas Escolas Deportivas Municipais coa colaboración do Concello de Guitiriz, ofrecerá nesta ocasión un percorrido pola contorna de Lugo coa celebración da Ruta do Bosque da Fervenza.

A actividade contará cun itinerario aproximado de 12 quilómetros. A saída está prevista para as 9.00 horas desde a praza do Campo da Feira de Guitiriz, mentres que o regreso ao mesmo punto terá lugar a partir das 15.00 horas.

As persoas interesadas en participar poderán inscribirse ata as 14.00 horas deste venres, 23 de outubro. O trámite poderá realizarse presencialmente no Concello de Guitiriz ou a través do teléfono 982 370 109.

Ao tratarse dunha saída fóra do termo municipal, o prezo da inscrición será de 5 euros para as persoas empadroadas en Guitiriz e de 10 euros para as non empadroadas.

A ruta está aberta ao público en xeral, aínda que as persoas menores de idade deberán participar acompañadas dunha persoa adulta.

0.14498686790466