Guitiriz organiza outro ano máis o ciclo de actividades infantís Venres de lecer

TerraChaXa
Guitiriz organiza outro ano máis o ciclo de actividades infantís Venres de lecer ao longo da primavera, dirixidas á rapazada de 3 e 12 anos.
cartel venres de lecer guitiriz portada
cartel venres de lecer guitiriz portada
21 abr 2023

O Concello de Guitiriz aposta outro ano máis, durante a primavera, polo ciclo de actividades Venres de Lecer, dirixidas á rapazada de entre 3 a 12 anos.

Esta programación cultural e de conciliación constará de 5 actividades ao longo de diferentes venres desta primavera e terán lugar CEIP Lagostelle, en horario vespertino de 16:00 a 17:30 horas nos meses de abril e maio e de 15:15 a 16:45 horas en xuño.

As persoas interesadas poderán inscribirse ata dous días antes de cada actividade a través do formulario dispoñible na web municipal que se poderá entregar de xeito presencial na casa do concello ou vía telemática a través da sede electrónica.

Programación completa

  • 28 de abril: Axudante de medio ambiente, obradoiro de reciclaxe.
  • 12 de maio: Eu mo guiso, eu mo como, obradoiro sobre produtos locais.
  • 26 de maio: Telexornal Guitiriz.
  • 2 de xuño: Que mercamos en Guitiriz.
  • 9 de xuño: Pasapalabra.
cartel venres de lecer guitiriz