Guitiriz pecha este luns o ciclo de charlas sobre saúde mental coas adiccións ás tecnoloxías

TerraChaXa
O Concello de Guitiriz pecha este luns o ciclo Arredor do miolo, un programa de prevención e información sobre as problemáticas máis comúns de saúde mental que se desenvolveu na Casa Habanera e para o que a asistencia foi libre e de balde.
ciclo charlas saude mental arredor do miolo
ciclo charlas saude mental arredor do miolo
28 Xan 2023

O Concello de Guitiriz pecha este luns o ciclo Arredor do miolo, un programa de prevención e información sobre as problemáticas máis comúns de saúde mental que se desenvolveu na Casa Habanera e para o que a asistencia foi libre e de balde.

Este ciclo dividiuse en catro xornadas impartidas pola psicóloga María Cuba. A primeira foi o luns 28 de novembro ás 18 horas e abordouse a saúde mental e a prevención do suicidio. A segunda foi o luns 12 de decembro ás 18 horas e tratou a ansiedade: tipoloxía, diagnóstico, manexo.... A terceira tivo lugar o luns 16 de xaneiro ás 18 horas e abordou como axudar a unha persoa con depresión. Por último o luns 30 de xaneiro ás 18 horas falarase sobre a adicción a pantallas e novas tecnoloxías.

0.18400001525879