Guitiriz pon en valor os produtos do outono cunha actividade

TerraChaXa
19 oct 2020

A biblioteca municipal Casa Habanera, xunto co Servizo de educación familiar, organiza 'Receitas de outono con poesía', unha actividade para poñer en valor os produtos de outono e a dinamización da lectura e escritura.
O prazo de participación será desde hoxe, 19 de outubro, e ata o vindeiro 15 de novembro. A proposta consistirá en elaborar unha receita con algún producto outonal, sacarlle unha foto e darlle un nome á elaboración.
A continuación, deberá elaborarse un poema orixinal que teña por temática o outono e que conte cunha extensión mínima de 4 versos e máxima de 16 versos.
Para poder participar é impresincible enviar a foto da elaboración culinaria e o poema, ao correo electrónico biblioteca@concellodeguitiriz.com.
Todos eles iránse publicando nas redes sociais do Concello.
O xurado elixirá a receita e o poema máis creativas e a gañadora recibirá un agasallo, que será entregado na Casa Habanera. Admítense dous receitas/poemas por participante e poderán participar persoas de calquera idade.