Guitiriz renderá homenaxe a Alfonso Blanco

TerraChaXa
Guitiriz renderá eo 8 de xullo unha homenaxe a Alfonso Blanco Torrado, presidente de Xermolos e impulsor da Irmandade Manuel  María da Terra Chá, polo seu traballo na recuperación da memoria histórica.
18 Jun 2018

Guitiriz renderá eo 8 de xullo unha homenaxe a Alfonso Blanco Torrado, presidente de Xermolos e impulsor da Irmandade Manuel  María da Terra Chá, polo seu traballo na recuperación da memoria histórica.

Alfonso Blanco levaba tempo traballando para homenaxear  a Os da Lexía, os irmáns coruñeses masacrados no ano 1936, que foran detidos en terras de Guitiriz.

Arredado momentáneamente da actividade diaria por problemas de saúde, os membros de Xermolos e varios amigos de Alfonso Blanco están a continuar con esta iniciativa, ampliando o obxecto de maneira que sexa a homenaxe prevista na liña da recuperación da  memoria histórica, pero tamén unha homenaxe a Alfonso, dinamizador cultural de toda a Terra Chá.

Por iso, o próximo 8 de xullo, en Santa Mariña de Guitiriz, ás 12 da mañán, vaise erixir un monolito en homenaxe a estes defensores da dignidade e da liberdade –Os da lexía e Alfonso Blanco Torrado- en recordo de uns e agradecemento a Alfonso, na parroquia que el rexenta, coincidindo coas festas da localidade.

O monolito é una obra do escultor Valdi – Xosé Val Díaz- que conta coa colaboración económica de diversas asociacións culturais e entidades e administracións locais de Galicia.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1846981048584