Guitiriz restrinxe o tráfico nun dos carrís da ponte dos Caneiros polo seu estado de conservación

TerraChaXa
A medida adoptouse tras recibir un informe da Confederación Hidrográfica, no que se determina a necesidade de realizar unha actuación nesta zona para garantir a seguridade
ponte-de-pigara
5 Oct 2026

O Concello de Guitiriz informou da restrición do tráfico nun dos carrís da ponte dos Caneiros, situada sobre o río Ladra nas proximidades de Porucelo, na parroquia de Pígara, debido ao seu estado de conservación.

A medida adoptouse tras recibir un informe da Confederación Hidrográfica, no que se determina a necesidade de realizar unha actuación nesta zona para garantir a seguridade.

A Policía Local de Guitiriz encargouse do balizado e da sinalización do punto afectado co obxectivo de advertir da restrición e ordenar a circulación na ponte.

Polo momento, non existe un prazo definido para a finalización dos traballos de reparación, polo que a limitación dun dos carrís se manterá durante o tempo que sexa necesario.

Desde o Concello lamentan as posibles molestias que esta situación poida ocasionar e agradecen a comprensión e colaboración da veciñanza mentres se prolongue a restrición.

0.13359308242798