Guitiriz será sede dunha nova edición do torneo Pitufiños de fútbol sala

O Concello de Guitiriz celebrará este venres, 29 de maio, unha nova edición do torneo Pitufiños/as de fútbol sala, unha cita deportiva dirixida aos máis pequenos e pequenas que terá lugar no Pavillón Municipal Jonathan Carro Paz a partir das 16:15 horas.
No torneo participarán equipos da categoría biberón procedentes do ADC Lugo Sala, ADC Piringalla, Concello de Cospeito, Concello de Curtis e dous conxuntos do Concello de Guitiriz. A competición desenvolverase con partidos simultáneos en media cancha, cunha duración de 10 minutos cada un deles, favorecendo así a participación.
Desde a organización lembran tamén que estará prohibido baixar á pista, agás no caso dos xogadores/as e dos monitores/as responsables dos equipos.
Ademais do carácter deportivo e lúdico do evento, todos os nenos e nenas participantes recibirán agasallos como recordo da súa participación nesta xornada de convivencia e deporte base.