Homenaxe a Rosalía o día 24 con música para os máis pequenos na biblioteca pontesa

TerraChaXa
A biblioteca das Pontes celebrará o día 24 de febreiro o Día de Rosalía con Luis Vallecillo. Unha sesión musical a partir das 18.00 horas.
dia rosalia biblioteca as pontes portada
dia rosalia biblioteca as pontes portada
22 Feb 2023

A biblioteca Rivera Rouco das Pontes celebrará o día 24 de febreiro o Día de Rosalía con Luis Vallecillo. Trátase dunha sesión musical a partir das 18.00 horas na Casa Dopeso con entrada gratuíta pero con inscrición previa na biblioteca no teléfono 981 102 562.

Os pequenos poderán cantar nesta sesión a Rosalía de Castro, lembrando a figura dunha muller que marcou unha época e que aínda seguimos lembrando pola súa obra, e da maneira como transformou a tristura en beleza a través dos seus poemarios e a súa obra literaria.

Como non podía ser doutra maneira, achegarémonos a ela a través do seus poemas feitos canción, xogos e moito baile.

dia rosalia biblioteca as pontes
0.11171889305115