Hostaleiros da provincia organizan unha campaña de promoción dos produtos máis representativos
O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o presidente da Asociación Provincial de Hostaleiros de Lugo, Cheché Real, informaron sobre a posta en marcha dunha nova campaña de promoción e exaltación dos produtos da provincia baixo o nome E para comer...Lugo. Fixérono nun acto acompañados de representantes de distintos locais de restauración que se sumaron a esta iniciativa, no que se degustaron algúns dos pratos que se poderán desfrutar durante estas xornadas. Máis información en www.deputacionlugo.gal e www.eparacomerlugo.com
Trátase dunha iniciativa coa que 51 establecementos hostaleiros de 23 municipios lucenses introducirán nas súas cartas produtos e materias primas da provincia con denominación de orixe protexida (D.O.P) ou indicación xeográfica protexida (IXP), así como de asociacións e empresas con presenza na provincia. Deste xeito, entre abril e novembro e durante os últimos 10 días, os restaurantes que se sumaron a esta campaña porán á disposición dos clientes pratos elaborados con distintos produtos de Lugo.
Campos Conde explicou que “é unha iniciativa coa que Deputación, APEHL e Hostaleiros, xuntamos forzas para continuar promovendo o consumo das materias primas que hai na nosa provincia, que ademais de ser de ser de altísima calidade e contar con grande recoñecemento entre a cidadanía, son un motor xerador de economía e emprego. De feito as cifras así o avalan pois estes sectores aglutinan máis de 13.000 traballadores e xeran un volume de negocio anual a través deste produtos superior aos 250 millóns de euros, o que dá mostra da importancia que teñen estes sectores para a economía do pais”.
Calendario das exaltacións
- Abril.
19 ao 28: Fabas de Lourenzá, Merluza do Pincho de Burela e do CRDO Queixo Arzúa-Ulloa. - Maio.
17 ao 26: Ternera Gallega Suprema Raza Rubia Gallega, Grelos de Galicia e CRDO Queixo do Cebreiro.
Xuño. 21 ao 30: Merluza do Pincho de Burela, Cordeiro de Raza Ovella Galega e Castañas de Galicia. - Xullo.
19 ao 28: Bonito de Burela, Lacón Galego e Pementos de Mougán. - Agosto.
16 ao 25: Bonito de Burela, Castañas de Galicia e Pementos de Mougán. - Setembro.
20 ao 29 : Porco Celta, Grelos de Galicia, Patacas de Galicia e Mel de Galicia. - Outubro.
18 ao 27: Fabas de Lourenzá, Ternera Gallega, Queixo do San Simón da Costa e Mel de Galicia - Novembro.
15 ao 24: Raza Mos, Grelos de Galicia, Pataca de Galicia e Queixo de Tetilla.
Durante todas as xornadas, empregaranse viños da D.O. Ribeira Sacra, Galletas Daveiga, pan da provincia (AFAPÁN), e CR Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia.
Establecementos participantes
Na campaña de exaltación de produtos da provincia E para comer...Lugo, participan un total de 51 establecementos de 23 municipios lucenses. En Antas de Ulla, Restaurante Val; en Barreiros, O’Asador; en Becerreá, Boavista; en Burela, A Lonza, Cervecería Kiko e Casa Miranda; en Castro de Rei, Río Lea; en Cervo, Río de Oro; en Chantada, Os Pendellos Pulpería, Daydos, A Faragulla; na Fonsagrada, Cantábrico, O Piñeiral e Casa Damián; en Foz, Casa Damián, O Lar, Xoyma e Hotel Leyton; en Friol, Casa Benigno; en Guitiriz, Casa Gaibor; en Lugo, Campos, Casa Paco, Mesón de Alberto, Manuel Manuel, Os Cachivaches, Porta Santiago, Casa María, o Cincuenta e Seis e Canedo; en Mondoñedo, A Horta da Paula; en Monforte de Lemos, Centro do Viño, Parador de Monforte, O Grelo, Garden, Abadía de San Simón, Manuel Bistró e Cardenal; en Palas de Rei, O Rincón, Parada das Bestas, Rectoral de Castrillón; no Páramo, Sabe; en Pedrafita do Cebreiro, Casa García; na Pontenova, San Briz; en Quiroga, Casa Torres; en Ribadeo, O Lar de Manolo, Parador de Ribadeo, El Oviedo, A Mirandilla; en Sarria, Ponte Ribeira; en Vilalba, Parador Vilalba, Montero e Mesón do Campo.
IXP e CRDO
Ademais dos locais de restauración, empresas e asociacións de produtores da provincia, nas xornadas empregaranse produtos de 21 Denominación de Orixe Protexida e Indicación Xeográfica Protexida: CRDO Queixo de Arzúa-Ulloa, CRDO Cebreiro, CRDO Ribeira Sacra, CRDO San Simón da Costa, CRDO Queixo de Tetilla, IXP Faba de Lourenzá, IXP Grelos de Galicia, IXP Castaña de Galicia, IXP Lacón Galego, IXP Pemento de Mougán, IXP Pataca de Galicia, IXP Mel de Galicia, IXP Augardentes e Licores tradicionais de Galicia, IXP Ternera Gallega, ACRUGA (Ternera Gallega Suprema Carne de Rubia Gallega), ABSA (Merluza do Pincho de Burela e Bonito de Burela), AVIMOS (Raza Galiña de Mos), ASPORCEL (Raza Porco Celta), ASOVEGA – BOAGA (Raza Ovella Galega), AFAPAN (Asociación Provincial de Fabricantes de Pan de la Provincia de Lugo) e Galletas Da Veiga.