Hoxe remata o prazo para anotarse á Romaría de Goiá, que se celebrará este sábado en Lousada de Arriba

TerraChaXa
A programación continuará durante a tarde cunha verbena na que volverá actuar o grupo Son de Festa, acompañado nesta ocasión pola Charanga A Mekanika
romaria-de-goia-xermade
27 Jul 2026

A organización da Romaría de Goiá lembra que este luns é o último día para reservar praza no xantar popular da festa, que terá lugar este sábado, 1 de agosto, en Lousada de Arriba, no concello de Xermade.

A celebración arrancará ás 14.00 horas cunha sesión vermú amenizada polo grupo Son de Festa. A continuación celebrarase o xantar popular, cun menú composto por paella, lacón asado, bebida, sobremesa, café e licores. O prezo é de 26 euros para os adultos, 13 euros para os nenos de entre 7 e 14 anos, mentres que os menores de 7 anos poderán asistir de balde.

Os tíckets poden adquirirse no Café Bar O Paso, en Candamil, e no Bar Petróleo, en Roupar. A comida será servida polo Restaurante O Paso.

A programación continuará durante a tarde cunha verbena na que volverá actuar o grupo Son de Festa, acompañado nesta ocasión pola Charanga A Mekanika.

A organización tamén habilitará un campo cuberto con carpa para garantir o desenvolvemento da festa en caso de mal tempo e instalará colchonetas gratuítas para o desfrute dos máis pequenos.

A Romaría de Goiá conta co patrocinio da Comunidade de Montes de Lousada e coa colaboración do Concello de Xermade.

0.12413883209229