Ialma actuará na Feira do Grelo das Pontes

TerraChaXa
As Pontes avanzou unha das actuacións coas que se amenizará este ano a Feira do Grelo, sobre a que aínda están a preparar o programa.
IALMA ACTUACION AS PONTES FEIRA DO GRELO
IALMA ACTUACION AS PONTES FEIRA DO GRELO
15 Feb 2022

O Concello das Pontes avanzou unha das actuacións coas que se amenizará este ano a Feira do Grelo, sobre a que aínda están a preparar o programa.

Trátase do espectáculo Camiños, do quinteto feminino Ialma. As súas componentes, afincadas en Bélxica, cantan cancións tradicionais, en galego e outras linguas, así como realizan novas versións de temas actuais, adaptándoos a ese estilo.

A cultura musical e as tradicións galegas son as súas fontes de inspiración inesgotables que lles permitiron construír, pouco a pouco, un amplo repertorio de cancións tomadas das súas raíces pero adaptadas á súa vida diaria: a das mulleres de hoxe.

A actuación terá lugar o 26 de febreiro, sábado, ás 19.00 horas no Cine Alovi.

0.18677401542664