Illán celebrará as festas na honra de Santiago Apóstolo desde o venres cun amplo programa festivo

TerraChaXa
Os festexos comezarán o venres 24 cunha gran churrascada a partir das 21.30 horas e a continuación, a noite estará amenizada por unha gran verbena a cargo da Orquestra Solara
programa-illan-festas
20 Jul 2026

A parroquia de Illán acollerá esta fin de semana as tradicionais festas na honra de Santiago Apóstolo, cun programa que combinará música, gastronomía, actos relixiosos e actividades recreativas para todos os públicos.

Os festexos comezarán o venres 24 cunha gran churrascada a partir das 21.30 horas. A continuación, a noite estará amenizada por unha gran verbena a cargo da Orquestra Solara.

O sábado 25 de xullo, coincidindo coa festividade de Santiago, haberá sesión vermú e verbena nocturna, que dará comezo ás 23.00 horas, coa actuación do DJ Goteo e do grupo Alma Latina. Ademais, ás seis da tarde desenvolveranse actividades deportivas e recreativas para a veciñanza. Tanto o sábado como o domingo celebrarase misa solemne e procesión ás 13.30 horas.

O programa concluirá o domingo cunha sesión vermú longa acompañada de petiscos variados e coa música do DJ Patakiña, que será o encargado de poñer o broche final a tres días de celebración.

A comisión organizadora anima á veciñanza e visitantes a participar nunhas festas que buscan manter viva a tradición e fomentar a convivencia nun ambiente festivo e familiar.

0.13963794708252