Imparten en Árbol unha clase de danju

TerraChaXa
Será o día 2, ás 11.30 horas na Escola do Santo
danju-goiriz-portada
30 sep 2024

A asociación cultural e deportiva de Árbol, en colaboración coa Asociación Galega de Taekwondo Tradicional celebrará este mércores, 2 de outubro, nesta parroquia vilalbesa unha clase informativa e demostración gratuíta de danju, unha modalidade de ximnasia específica para maiores.

Esta terá lugar na escola do Santo, ás 11.30 horas e os interesados en asistir deberán inscribirse previamente no 652 710 392.

O danju, que non traballo no chan, está especialmente dirixido a persoas con problemas vinculados ao aparato locomotor como hernia, osteoporose, problemas na columna, sobrepeso ou dores de xeonllos e brazos.

O danju é unha disciplina evolucionada do método Pilates, deseñada para facela factible a todas as condicións físicas, independentemente da idade, o estado físico, etc.

0.16609716415405