Imparten en Becerreá e As Pontes cursos de análise da calidade do mel

TerraChaXa | LugoXa
Agaca, dependente da Consellería do Medio Rural, ten previsto celebrar nas Pontes e Becerreá cursos de análise da calidade do mel.
casa do mel goente
26 Oct 2022

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, ten previsto celebrar dous novos cursos nos concellos das Pontes e de Becerreá, esta ocasión trátase dunha acción formativa de análise sobre a calidade do mel en laboratorio.

A formación impartirase de maneira presencial na Casa do Mel de Goente en horario de 16,30 a 21,30 horas os vindeiros días 29 e 30 de outubro e no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Becerreá hoxe e mañá, días 27 e 28 de outubro.

O obxectivo destes talleres é fomentar a competitividade e a eficiencia dos recursos apícolas contribuíndo, ao mesmo tempo, á sustentabilidade da economía rural, á consecución da competitividade, á integración sectorial, á innovación, á orientación ao mercado e ao fomento da iniciativa empresarial. A formación estará a cargo de Mercedes Fra.

A inscrición pode facerse a través destas ligazón https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.14421916007996