Imparten en Goiriz unha clase de danju

TerraChaXa
A asociación de veciños de Goiriz celebrará este martes na parroquia vilalbesa unha clase informativa e demostración gratuíta de danju.
danju goiriz portada
3 Oct 2022

A asociación de veciños de Goiriz, en colaboración coa asociación galega de taekwondo tradicional celebrará este martes, 4 de outubro, na parroquia vilalbesa unha clase informativa e demostración gratuíta de danju, unha modalidade de ximnasia específica para maiores.

Esta terá lugar na escola habanera de Goiriz, de 16.00 a 17.00 horas e os interesados en asistir deberán inscribirse previamente no 652 710 392.

O danju, que non traballo no chan, está especialmente dirixido a persoas con problemas vinculados ao aparato locomotor como hernia, osteoporose, problemas na columna, sobrepeso ou dores de xeonllos e brazos.

O danju é unha disciplina evolucionada do método Pilates, deseñada para facela factible a todas as condicións físiccas, independentemente da idade, o estado físico, etc.

danju goiriz
0.1714780330658