Imparten en Roupar unha clase de danju

TerraChaXa
Será o día 3, ás 15.30 horas no local social da asociación de veciños
danju-goiriz-portada
2 Out 2024

A asociación veciñal de Roupar, en colaboración coa Asociación Galega de Taekwondo Tradicional celebrará este xoves, 3 de outubro, nesta parroquia xermadesa unha clase informativa e demostración gratuíta de danju, unha modalidade de ximnasia específica para maiores.

Esta terá lugar no local da asociación, ás 15.30 horas e os interesados en asistir deberán inscribirse previamente no 652 710 392.

O danju, que non traballo no chan, está especialmente dirixido a persoas con problemas vinculados ao aparato locomotor como hernia, osteoporose, problemas na columna, sobrepeso ou dores de xeonllos e brazos.

O danju é unha disciplina evolucionada do método Pilates, deseñada para facela factible a todas as condicións físicas, independentemente da idade, o estado físico, etc.

0.077817916870117