Imparten en tres parroquias da Pastoriza talleres de memoria

TerraChaXa
O concello da Pastoriza acollerá en febreiro varios cursos de memoria distribuídos en tres parroquias, que darán comezo o 20 de febreiro.
talleres memoria pastoriza portada
12 Feb 2024

O concello da Pastoriza acollerá en febreiro varios cursos de memoria distribuídos en tres parroquias, que darán comezo o 20 de febreiro.

Estes terán lugar todos os martes. O primeiro será na escola de Rigueira, de 11.30 a 13.00 horas. Seguirán pola tarde en Bretoña, con clases de 16.00 a 17.30 horas, no centro social.

A última sesión terá lugar en San Cosme de Piñeiro, tamén no local da escola, de 18.00 a 19.20 horas.

As persoas que desexen anotarse poden facelo coas asociacións dos lugares onde se imparte ou cos servizos sociais do Concello (nos teléfonos 982 332 197 ou 629 534 793).

0.22664499282837