Imparten na Pastoriza un obradoiro sobre o uso de medicamentos

TerraChaXa
Está organizado polo Concello, en colaboración coa Escola Galega de Saúde
uso-medicamentos-curso-pastoriza
19 sep 2024

O Concello da Pastoriza, en colaboración coa Escola Galega de Saúde, organiza o próximo martes 24 de abril un curso sobre o uso axeitado de medicamentos dirixido a pacientes, familiares, coidadores de persoas dependentes e cidadanía en xeral, con carácter gratuíto.

Os obxectivos do mesmo son promover un uso adecuado dos medicamentos, concienciar á poboación, sobre beneficios e riscos asociados ó uso dos medicamentos, e transmitir a importancia da adherencia ó medicamento.

No curso trataranse os conceptos dos medicamentos, como actúan, contraindicacións, interaccións, efectos secundarios e xenéricos. Tamén falarase da automedicación, dos antibióticos e o seu abuso e a diferenza entre virus e bacterias. Completarase o relatorio coa conservación e preparación dos distintos medicamentos, dos especiais da terceira idade, as pluripatoloxías e polimedicados e a reciclaxe dos medicamentos no Punto Sigre.

O curso será impartido polo docente Enrique del Arco Herrero, licenciado en Farmacia e técnico en Prevención de Riscos.

O curso será de 16.30 a 20.30 horas e a inscrición debe realizarse no 982 332 197 ou no 629 534 793.

0.089903831481934