Imparten un Begonte un curso de técnicas de Estudo

TerraChaXa
O prazo para anotarse está aberto ata o 20 de setembro ou ata esgotar as prazas
curso-tecnicas-estudo-begonte
Cartel
26 Ago 2024

O Concello de Begonte, a través de Afammer (Asociación de Familias e Mulleres do Medio Rural) convoca un curso gratuíto sobre Técnicas de Estudo, dirixido a mulleres maiores de 18 anos, que se levará a cabo o próximo 30 de setembro en horario de 16.00 a 22.00 horas na casa da cultura.

A finalidade é coñecer as técnicas de estudo e memorización máis operativas e a adecuación das mesmas cando existen dificultades de aprendizaxe.

Os contidos serán teoría das intelixencias múltiples, reestruturación cognitiva para o estudo, hábitos de estudo en nenos e nenas de primaria, diferenzas entre técnicas de estudo e técnicas de memorización, técnicas de estudo, técnicas de memorización e dificultades de aprendizaxe, como a dislexia, discalculia, disgrafía, TDAH e altas capacidades.

A inscrición poderá realizarse nas oficinas do concello ata o 20 de setembro ou ata esgotar as prazas.

0.18247294425964