Impartirán cursos de natación en agosto nas piscinas de Friol

LugoXa | TerraChaXa
Haberá dúas quendas. A primeira será do 3 ao 14 de agosto e a segunda do 17 ao 28
piscinas-de-friol-club-fluvial-nuevo1
20 Jul 2026

O Concello de Friol impartirá cursos de iniciación e perfeccionamento de natación nas piscinas municipais a partir de agosto como todos os anos.

Estes cursos, que estarán subvencionados impartiranse do 3 ao 28 do próximo mes de luns a venres pola mañá e o número de prazas é limitado polo que é importante facer a reserva na piscina antes do 24 de xullo. Esta debe facerse nas propias piscinas.

Haberá dúas quendas. A primeira será do 3 ao 14 de agosto e a segunda do 17 ao 28.

O prezo será de 20 euros para socios e 30 para non socios.

0.11974096298218