Implantan en Rábade un sistema de pagamento TPV de taxas municipais

LugoXa | TerraChaXa
É válido para o pagamento de taxas do Concello, agás os recibos emitidos pola Deputación de Lugo (IBI e IVTM)
pago-tpv
9 Nov 2024

O Concello de Rábade vén de habilitar un dispositivo TVP de pagamento con tarxeta na casa do concello para que as persoas que o desexen poidan aboar alí os seus recibos, sen a necesidade de ter que trasladarse a unha oficina bancaria.

É válido para o pagamento de taxas do Concello, agás os recibos emitidos pola Deputación de Lugo (IBI e IVTM).

Pódense pagar, por exemplo os certificados de empadroamento, as liquidacións de ICIO, as taxas por inicio ou transmisión de actividade, unha certificación catastral, a primeira expedición dun vado, os bonos das piscinas no verán, e outros varios.

O servizo xa está dispoñible no Rexistro do Concello de Rábade para quen queira facer uso del.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17836403846741