Inoxidables de Rábade aumenta os paros
TerraChaXa
Representantes sindicais de CC.
13 Jun 2018
Representantes sindicais de CC.OO. de Industria de Lugo e CIG Industria en Inoxidables de Rábade anunciaron que este mércores incrementarán a 6 as horas de paro por quenda.
A decisión de aumentar o tempo de paro por quenda, tomada en asemblea coa unanimidade dos traballadores, "vén a demostrar a vontade, unión e convicción da plantilla en levar as súas reivindicacións ata o final", explican.
Nesta primeira xornada do aumento do tempo de folga os traballadores de Inoxidables de Rábade, concentraranse ás 11:30 horas diante do Concello de Outeiro de Rei onde se fará entrega á corporación dun comunicado das xustas reivindicacións que fai esta plantilla á súa dirección:
- Formación.
- Comedor.
- Carretilleiros, que sexan oficiais de primeira.
- Equiparación salarial e igualdade salarial tanto a outras plantas do grupo como dentro pola mesma categoría.
- Revisión categorías.
- Ventilación e adaptación térmica da nave.
- Cubrición dos aparcadoiros.
- Ruído, luminosidade e produtos químicos.
- Incentivos 500€ trimestrais.
- Roupa de traballo.
- Plus de penosidade, toxicidade e perigrosidade.
- Calendario laboral e vacacións 2018.