Instalan bolardos e pintan varias zonas no casco urbano de Vilalba
O tenente de alcalde e responsable de mobilidade Modesto Renda anunciou a instalación de 15 bolardos flexibles e o pintado de 40 metros de zigzag e liñas amarelas en varias zonas do casco urbano, a fin de facilitar a entrada e saída de garaxes, rúas e interseccións con pouca visibilidade.
Tratase dunha medida que, explicou, pretende "dar unha resposta ás moitas solicitudes veciñais e mellorar a seguridade viaria nas saídas máis complexas".
Así, dende o Concello actuose nas rúas das Pedreiras, Conde Pallares, de Xermade, Penelas, de Ribadeo e Guitiriz, na praza de Santa María e na avenida de Cospeito.
Nos próximos días está previsto facer estes mesmos traballos na rúa da Feira.
O conxunto desta nova actuación fíxose en colaboración cos axentes da Policía Local e a Área de Mobilidade seguirá recollendo as demandas da veciñanza con vistas a aumentar ou ben modificar o que fora necesario.