Instalan bolardos e pintan varias zonas no casco urbano de Vilalba

TerraChaXa
O conxunto desta nova actuación fíxose en colaboración cos axentes da Policía Local
modesto-renda-bolardos-lineas-zigzag
Modesto Renda ante a nova sinalización
20 Xuño 2024

O tenente de alcalde e responsable de mobilidade Modesto Renda anunciou a instalación de 15 bolardos flexibles e o pintado de 40 metros de zigzag e liñas amarelas en varias zonas do casco urbano, a fin de facilitar a entrada e saída de garaxes, rúas e interseccións con pouca visibilidade.

Tratase dunha medida que, explicou, pretende "dar unha resposta ás moitas solicitudes veciñais e mellorar a seguridade viaria nas saídas máis complexas".

Así, dende o Concello actuose nas rúas das Pedreiras, Conde Pallares, de Xermade, Penelas, de Ribadeo e Guitiriz, na praza de Santa María e na avenida de Cospeito.

Nos próximos días está previsto facer estes mesmos traballos na rúa da Feira.

O conxunto desta nova actuación fíxose en colaboración cos axentes da Policía Local e a Área de Mobilidade seguirá recollendo as demandas da veciñanza con vistas a aumentar ou ben modificar o que fora necesario.

0.18088817596436