Instalan na nave municipal de Xermade as placas solares do proxecto CEL Rural

TerraChaXa
É a instalación fotovoltaica que a Fegamp cederá á comunidade enerxética XERando
paneles-fotovoltaicos-comunidade-enerxetica-xermade
4 Feb 2025

A finais de decembro executouse en nave municipal de Xermade a instalación fotovoltaica que a Fegamp cederá á comunidade enerxética XERando, no marco do proxecto CEL Rural cofinanciado pola Unión Europea a través do Programa Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027.

A empresa adxudicataria do contrato licitado pola Fegamp foi Cobra, que solicitou unha bonificación do 95% do Imposto sobre Instalacións, Construcións e Obras, consonte ao regulado na Ordenanza fiscal municipal, que na súa última modificación (en vigor dende setembro de 2023) recolle esta bonificación a favor das construcións, instalacións ou obras nas que se incorporen sistemas para o aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía solar para autoconsumo.

O Pleno municipal, na sesión ordinaria celebrada o 16 de xaneiro de 2025, concedeu a bonificación solicitada, por unanimidade.

0.19137406349182