Iria Álvarez gaña o concurso de imaxes contra a violencia de xénero na Pastoriza
O debuxo de Iria Álvarez Díaz, co lema NON máis golpes, NON máis silencio, foi o gañador do II Concurso de Imaxes ou Debuxos contra a Violencia de Xénero do Concello da Pastoriza, tras recibir un total de 442 me gusta.
O certame, organizado como parte das actividades do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, contou cunha ampla participación e mostrou o compromiso da comunidade na loita contra esta lacra social.
A organización quixo expresar o seu agradecemento a todas as persoas que participaron no concurso, destacando a calidade e o significado das propostas presentadas. “Millóns de grazas por participar a tod@s”, sinalaron os organizadores.
Con iniciativas coma esta, preténdese concienciar e visibilizar a importancia de rexeitar calquera forma de violencia e apostar por unha sociedade máis igualitaria e libre de agresións.