Iria Álvarez gaña o concurso de imaxes contra a violencia de xénero na Pastoriza

TerraChaXa
O certame contou cunha ampla participación e mostrou o compromiso da comunidade na loita contra esta lacra social
debuxo-ganador-pastoriza
23 Nov 2024

O debuxo de Iria Álvarez Díaz, co lema NON máis golpes, NON máis silencio, foi o gañador do II Concurso de Imaxes ou Debuxos contra a Violencia de Xénero do Concello da Pastoriza, tras recibir un total de 442 me gusta.

O certame, organizado como parte das actividades do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, contou cunha ampla participación e mostrou o compromiso da comunidade na loita contra esta lacra social.

A organización quixo expresar o seu agradecemento a todas as persoas que participaron no concurso, destacando a calidade e o significado das propostas presentadas. “Millóns de grazas por participar a tod@s”, sinalaron os organizadores.

Con iniciativas coma esta, preténdese concienciar e visibilizar a importancia de rexeitar calquera forma de violencia e apostar por unha sociedade máis igualitaria e libre de agresións.

0.08307409286499