Iria Castro participou na homenaxe ás persoas que integraron as comisións organizadoras da Moexmu

TerraChaXa
A responsable provincial entregou cadanseu agasallo, unha figura en forma de pomba, que caracteriza a imaxe da mostra
Homenaxe-Moexmu
22 sep 2024

A deputada Iria Castro participou na homenaxe ás persoas que integraron as comisións organizadoras da Moexmu desde a súa orixe, un acto organizado pola comisión actual a iniciativa da Vicepresidencia da Deputación de Lugo ao cumprirse corenta anos da primeira edición.

A responsable provincial entregou cadanseu agasallo, unha figura en forma de pomba, que caracteriza a imaxe da mostra, ás máis de 100 veciñas e veciños que integraron as seis comisións que organizaron a mostra chairega nas últimas catro décadas.

“Coa entrega deste detalle e a promoción deste acto, que como sinalou José Rus, se forxou a iniciativa da área de Rural, queremos poñer en valor o esforzo e dedicación de todos e todas as que participaron desinteresadamente dende 1985 na posta en marcha e consolidación do certame como referente da gandería en particular e do rural e na Terra Chá primeiro e agora xa en toda Galicia”, e subliñou a importancia da “autoorganización e da forza da colectividade para que os proxectos se manteñan no tempo”.

Coa colaboración neste acto, cargado de emotividade e de lembranza, a Vicepresidencia da Deputación reafirma o seu compromiso de colaboración e participación tanto no propio financiamento da Feira de Mostras como na programación dos contidos.

0.088016986846924