Irixoa, en Muras, celebra o sábado as festas

TerraChaXa
A localidade de Irixoa, en Muras, celebra este sábado as súas festas na honra a San Julián cun xantar popular.
festas irixoa muras portada
festas irixoa muras portada
29 Maio 2023

A localidade de Irixoa, en Muras, celebra este sábado as súas festas na honra a San Julián.

As celebracións darán comezo ás 13.00 horas coa misa solemne, á que seguirá a tradicional procesión. A continuación, a sesion vermú estará a cargo do dúo Matices.

O acto central será o xantar popular con paella, churrasco, chourizo, criollo e patacas, ademais de tata xeada, café e chupito, por un prezo de 27 euros.

Durante o xantar sortearase un agasallo especial e tamén haberá poxas. Finalizarán a xornada un baile amenizado de novo polo dúo Matices.

As persoas interesadas en anotarse ao xantar poden facer a súa reserva antes do 1 de xuño no teléfonos 649 006 444 ou no 669 302 211.

festas irixoa muras
0.18476009368896