Iván Jesús Río Pernas gaña o concurso de postais de Nadal de Outeiro de Rei

TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Outeiro de Rei deu a coñecer a relación de premiados do Concurso de Postais Nadal 2022. Gañou Iván Jesús Río Pernas
nadal papa noel
nadal papa noel
15 dic 2022

O Concello de Outeiro de Rei deu a coñecer a relación de premiados do Concurso de Postais Nadal 2022.

Así, na categoría I de 1º a 3º de primaria, os gañadores foron Adriana Castro Rouco, de 2º, Claudia López Montoto, de 1º e Noé Morais Corbelle de 3º de primaria. Houbo un accesit Daniela Corujo Fojón, de 2º.

Na categoría II de 4º a 6º de primaria, os gañadores foron Raúl Löpez Ferreiro, de 5º de Primaria; Juam David Barreiro Gómez, tamén de 5º, e Pepe Poy Pardo, do mesmo curso.

O participante que acadou co seu traballo a maior puntuación e cuxa postal será utilizada como felicitación de Nadal foi Iván Jesús Río Pernas, de 6º de primaria, que acadou co seu traballo a maior puntuación, polo tanto a súa postal será utilizada como felicitación polo Concello.

Proximamente darase a coñecer o día e a hora da entrega de premios.