Jenny Santos, do Pescados Rubén FS: "No FSF Castro espero aportar intensidade, compromiso e garra"

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Este mércores día 17 de maio, Día das Letras Galegas, celebraranse as dúas finais de Copa Galicia, feminina e masculina
Jenny_pescados ruben 2023  2
Jenny_pescados ruben 2023 2
18 nov 2023

Este domingo terá lugar en Castro Ribeiras de Lea o primeiro derbi provincial na máxima categoría do fútbol sala feminino. As locais, situada nunha meritoria duodécima posición na táboa neste o seu primeiro ano na categoría, recibirán ás líderes da táboa, o Burela FS, que aínda están invitas logo de nove xornadas. Será un partido moi especial para Jenny, que cumpre a súa sexta tempada no Pescados Rubén FS, e que xoga cedida no FSF Castro este ano.

Con pesar, o CD Burela FS chegou a un acordo co FSF Castro para a cesión da súa xogadora "máis alegre, bailona e aventureira", Jennifer Santos Rodrigues, Jenny.

A ala portuguesa de 31 anos cumpría a súa sexta tempada xogando entre as filas do Pescados Rubén Burela FS pero finalmente xogará no club veciño que compite na mesma categoría. Moi querida tanto entre as súas compañeiras, coma no club, coma no pobo dicimos ata logo a esa boa e positiva actitude que desprende a xogadora e que estamos seguros volverá a visitarnos durante este ano. Falamos con ela antes da súa marcha:

Que lle aportou a súa estancia en Burela tanto a nivel persoal como deportivo?

Aportoume moitas cousas... nunca estivera cunha afección tan apaixonada polo fútbol sala coma a Familia Laranxa. Sentinme coma se estivera na miña casa, e todo é máis doado cando é así. E so teño palabras de agradecemento para todos. Aprendín moito de fútbol sala e xoguei coas mellores...

Cales foron o seu peor e mellor momento durante estes anos en Burela?

O meu peor momento foi a miña lesión no xeonllo, pero supereino. E foron moitos momentos bos en Burela... pero sen dúbida o mellor momento foi cando gañamos a Copa da Raíña en Burela en 2019. Foi máxico, un ambiente fantástico e a copa foi "a cereja no topo do bolo" ("A guinda do pastel").

Cal é a súa opinión cara ao club CD Burela FS?

Burela é unha referencia do fútbol sala feminino español e do mundo... por todos os logros, por ser un club pioneiro pola igualdade e moito máis..

Que é o que máis botará de menos de Burela?

Botarei de menos ás miñas compañeiras, á familia Laranxa, o mar, o paseo marítimo, as rutas pola Mariña,... de todo un pouco.

Que espera ou que espectativas ten cara ao equipo ao que vai cedida esta tempada, o FSF Castro?

FSF Castro é un equipo recentemente ascendido e con moita marxe de mellora e ademais voume reencontrar con Luisa e Lucía (canteirá de Afervenza), que xogaron en Burela, coñezo tamén a Dani Sousa e sei que me van axudar coa adaptación ao equipo.

Que espera aportar ao equipo?

Intensidade, compromiso, garra, alegría e baile.

Volverá a visitar aos bureleses de vez en cando?

Iso nin se pregunta. Seguramente irei moitas veces a Burela, ademais Castro de Rei está preto.

Jenny_pescados ruben 2023  1
Jenny_pescados ruben 2023