Jesús Mato e Bernardo García Cendán recibirán as Mans de Irimia este sábado

TerraChaXa
Celebrarán este sábado un ano máis a Festa da Afirmación e Dignidade en colaboración co Concello de Meira, que acada xa a X edición.
pedregal de Irimia_meira
21 sep 2022

A Irmandade Manuel María e a Asociación Cultural Xermolos celebrarán este sábado 24 de setembro un ano máis a Festa da Afirmación e Dignidade en colaboración co Concello de Meira, que acada xa a X edición.

O acto, que se celebra no Pedregal de Irimia terá lugar ás 12.00 cunha ofrenda floral e a entrega das Mans de Irimia, obra do escultor meirego Manuel Pardo Lopez, a Jesús Mato Mato, no 50 aniversario da composición da letra e música da canción Fuxan os ventos, que deu nome posteriormente a este grupo. Tamén recibirá este recoñecemento a título póstumo, Bernardo García cendán, "polo ronsel de loita en compromiso para abrirnos a horizontes moito máis amplos e cheos de humanidade.

Tamén farase lectura conxunta do Manifesto da Afirmación e Dignidade polas persoas presentes e dos comunicados por parte dos distintos colectivos presentes, da autoría de Baldomero Iglesias Mero. Estarán representantes da Irmandade de Manuel María, de Adega, dos presos independentistas galegos, da asociación Avelino Díaz e de varios colectivos.

O apartado musical estará ao cargo de novo do gaiteiro Raúl Galego para rematar co canto do Himno Galego.

Este recoñecemento farase ao pé da ara de Prisciliano, obra de Xosé Val Díaz.

Haberá un xantar ao finalizar o acto. Os interesados en participar nel deberán apuntarse no teléfono 646 413 890 e preguntar por Alfonso.

festa da dignidade meira pedregal de irimia
0.19902300834656