José Cuba achégase ao récord logo de obter o seu 19 título de campión de España de loita

TerraChaXa
O loitador vilalbés José Cuba vén de gañar o Campionato de España Sénior que se celebrou este sábado na localidade murciana de San Javier.
jose cuba loita campion espana portada
jose cuba loita campion espana portada
15 Maio 2023

O loitador vilalbés José Cuba vén de gañar o Campionato de España Sénior que se celebrou este sábado na localidade murciana de San Javier.

Cuba, que disputou a categoría dos pesos pesados na modalidade de Libre Olímpica, acada así o seu décimo noveno título nacional absoluto sendo o loitador español con máis títulos de Campión de España.

Hai que pensar que moitos dos loitadores que participaron nestes campionatos de España aínda non naceran cando José Cuba gañaba o seu primeiro título de campión de España.

Esta é unha boa nova para Jose, que vén de recuperarse dunha rotura dun dedo que o deixou sen participar no pasado Campionato de Europa.

O club vilalbés tamén contou coa presenza de Catriel Pehuén, que loitou na súa representación nos pesos pesados pero na modalidade de grecorromana e que acadou unha valiosa prata para a escola. Catriel fixo un gran esforzo para estar en San Javier pois vén de gañar o bronce nos Campionatos Panamericanos e representado a Arxentina, o seu país natal. O desprazouse a Murcia dende Arxentina sen apanas descansar e loitando na modalidade de grecorromana, modalidade da que non é especialista, o que lle dáa un maior mérito á súa prata.

Agora os dous deportistas seguirán coa súa preparación en Vilalba coa vista posta no Gran Premio de España e despois o Mundial como primeira cita clasificatoria para os Xogos de París 2024.

loita jose cuba vilalba
0.19287610054016