Korreo, Lugo Sala B e Vilalba gañan as tres finais da Copa Deputación de FS

TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
O José Mario González O Chanto vestiu as súas mellores galas para albergar a fase final da III Copa Deputación de Lugo de Fútbol Sala.
korreo guitiriz final copa deputacion futbol sala sarria
korreo guitiriz final copa deputacion futbol sala sarria
3 nov 2022

O pavillón municipal José Mario González O Chanto, en Sarria, vestiu as súas mellores galas para albergar a fase final da III Copa Deputación de Lugo de Fútbol Sala. Unha semifinal e dúas finais nunha xornada maratoniana que coroou aos campións e campioas desta nova edición do torneo.

O novo rei desta III Copa Deputación de Lugo de Fútbol sala de Primeira é O Korreo Guitiriz FS. O campión sufriu de xeito abondo para levar o gato á auga, debido a que tivo que recorrer a unha prórroga e a unha quenda de penaltis para superar ao outro finalista, o Outeiro de Rei (4-4 ao termo da prórroga).

En semifinais, O Korreo Guitiriz derrotou ao Concello de Begonte (2-6) e o Outeiro de Rei superou ao Xove SD (1-3).

ADC Lugo Sala Automóviles Losada B, campión en Segunda

O ADC Lugo Sala B proclamouse campión en Segunda División tras derrotar na gran final ao Parrillada Porta Santiago FS tras un auténtico partidazo (5-6).

Os gañadores derrotaron en semifinais ao Cubelas e os subcampións ao Garvi Construciones B.

O Grupo Forma-T Vilalba FS, campión na cita feminina

As novas raíñas da Copa Deputación de Lugo de Fútbol Sala son as mozas do Grupo Format-T Vilalba FS. As campioas superaron na gran final ao Concello de Begonte FS (0-3).

Na queda de semifinais, as vilalbesas tiñan derrotado ao Ribeira (1-3) e as begontinas ao Castroverde (por un aplastante 11-0).

O deputado de Deportes da Deputación de Lugo, Efrén Castro; o membro da xunta xestora da RFGF, Carlos Méndez; o delegado da RFGF en Lugo, Manolo Vilachá; o alcalde de Sarria, Claudio Garrido; e Violeta Díaz, presidenta do club Os Meigallos, club sede colaborador do evento, estiveron presentes na entrega final de premios e trofeos.

Cabe destacar, ademais, que todos os encontros desta fase final da III Copa Deputación de Lugo de Fútbol Sala foron retransmitidos en directo por streaming na canle de Youtube do club Os Meigallos.

vilalba fs final copa deputacion futbol sala sarria