A vilalbesa Julia Cabarcos logra un histórico cuarto posto no Mr. Olympia

A vilalbesa Julia Cabarcos fixo historia na súa primeira participación no Mr. Olympia, onde conseguiu un cuarto posto mundial na categoría Women's Physique.
Cabarcos, primeira deportista galega en lograr a clasificación para esta emblemática competición internacional, competiu este venres en Las Vegas ante os xuíces e conseguiu acceder á final, situándose entre as cinco mellores dunha categoría que reuniu 16 participantes.
A deportista superou así o obxectivo inicial de entrar no top 10 e rematou acadando a cuarta posición, un resultado que a sitúa entre as mellores competidoras do mundo da súa modalidade.
O cuarto posto logrado por Cabarcos supón ademais o mellor resultado dunha representante española nas 62 edicións do Mr. Olympia, unha marca que unicamente acadara ata o de agora José Manuel Muñoz, ‘Josema Beast’, que rematou tamén na cuarta posición en 2025.