Lanzós acolle o sábado a segunda edición da Foliada Castrexa

TerraChaXa
A localidade vilalbesa de Lanzós celebra este sábado, 23 de setembro, a segunda edición da Foliada Castrexa, con música, baile e comida, sempre que a climatoloxía o permita.
foliada castrexa lanzos portada
foliada castrexa lanzos portada
19 sep 2023

A localidade vilalbesa de Lanzós celebra este sábado, 23 de setembro, a segunda edición da Foliada Castrexa, con música, baile e comida, sempre que a climatoloxía o permita.

Esta peculiar celebración terá lugar no Castro de Lanzós e iniciarase ás 13.00 horas na parrillada O'Adro. A sesión ten un prezo de seis euros e necesítase confirmar asistencia para os desexen xantar.

De feito, espérase que se xunta un gran número de veciños, como na primeira edición e a intención é que asistan vestidos de celtas para a ocasión.

A diversión prolongarase durante toda a tarde.

foliada castrexa lanzos