Lanzós acollerá este sábado unha máster class de zumba con cinco monitores invitados

TerraChaXa
Ofrecerán unha sesión aberta tanto para persoas que desexen participar activamente como para aquelas que prefiran asistir como público
sumba-en-lanzos
30 May 2026

A Casa da Escola de Lanzós será escenario este sábado, 30 de maio, dunha máster class de zumba organizada pola Asociación de Veciños Asvela de Lanzós, en colaboración coa Asociación de Veciños de Vilapedre.

A actividade dará comezo ás 17.00 horas e contará coa participación dos monitores Fernando, Ana, Natalia, Luis e Milos, que ofrecerán unha sesión aberta tanto para persoas que desexen participar activamente como para aquelas que prefiran asistir como público.

A organización anunciou ademais que haberá pinchos para todas as persoas participantes nun encontro pensado para fomentar a convivencia, o deporte e o lecer entre a veciñanza.

Dende a asociación animan ao público de todas as idades a achegarse ata Lanzós para desfrutar dunha tarde de música, baile e actividade física nun ambiente festivo e participativo.

0.12431192398071