Lanzós celebra esta fin de semana as festas na honra á Virxe do Carmen

A parroquia de Lanzós, no concello de Vilalba, celebrará esta fin de semana as súas tradicionais festas na honra á Virxe do Carmen cun programa que combinará actos relixiosos e música para todos os públicos.
As celebracións comezarán o sábado 11 de xullo cunha misa solemne ás 13.30 horas, seguida da procesión e dunha sesión vermú amenizada pola formación Mar da Vila. Xa pola noite terá lugar a verbena, que contará coa actuación do grupo Mar da Vila e da orquestra Los Españoles.
O domingo 12 de xullo continuarán os actos festivos cunha nova misa solemne e procesión, tamén ás 13.30 horas. A celebración estará acompañada musicalmente polos Cantareiros do Carabullo e, a continuación, celebrarase a sesión vermú co grupo Lume.
A comisión organizadora anima á veciñanza e aos visitantes a participar nestas festas, unha cita destacada do calendario festivo da parroquia que cada ano reúne a numerosos asistentes arredor da tradición, a convivencia e a música.