Lecer de Gamelle organiza un Taller de Samaín para os máis pequenos
LugoXa | TerraChaXa
Será este mércores, 30 de outubro, a partir das 17.00 horas na escola de Cirio
27 Oct 2024
O Samaín está á volta e Lecer de Gamelle ten preparado un evento moi especial para os nenos e nenas da zona. O mércores 30 de outubro, ás 17:00 horas, celebrarase na Escola de Cirio un Taller de Manualidades gratuíto con actividades temáticas do Samaín, onde os máis pequenos poderán deixar voar a súa creatividade cunha serie de manualidades terrorificamente divertidas.
Ademais, non faltará unha merenda para todos os asistentes, prometendo unha tarde máxica, chea de sorpresas e diversión.
Para participar, só é necesario anotarse previamente para que poidan preparar todo o material necesario.
Desde Lecer de Gamelle, esperan a todos con moita ilusión para pasar unha tarde do máis entretida e espeluznante.