Leña Verde organiza un obradoiro de iniciación ao baile galego en Pol

A asociación cultural Leña Verde de Pol organiza un obradoiro de iniciación ao baile galego para o vindeiro domingo 15 de novembro. A actividade desenvolverase entre as 10.30 e as 13.30 horas na caseta do Polbo, situada na carballeira de Mosteiro.
O obradoiro estará impartido por Artur Puga e está dirixido a todas as persoas que queiran achegarse ao baile tradicional galego e iniciarse nos seus pasos e movementos.
O prezo da inscrición é de 35 euros. As persoas interesadas poden reservar a súa praza chamando ou escribindo ao teléfono 600 337 413.
Ao remate da sesión, a organización celebrará un pequeno petisco e anima os participantes a levar algo de comida ou bebida para compartir. A iniciativa está organizada por Leña Verde coa colaboración do Concello de Pol.